EDL IES Mestre Landín

domingo, 17 de maio de 2020

CANTANDO MAIOS

Este trimestre, tan diferente, iniciámolo cun proxecto que remataría na Semana das Letras Galegas.
O alumnado compoñería as súas coplas e no patio do instituto dariámoslles vida.
O estado de alarma fixo necesario unha adaptación.
Estas son as coplas que logramos compartir.






xoves, 19 de marzo de 2020

RECEITAS PARA DISFRUTAR EN FAMILIA

Estes días serán un bo motivo para preparar doces que logo nos alegrarán os almorzos ou as merendas.

Pensando no Libro de Ledicia Costas,  “Escarlatina, a cociñeira cadáver” atopei unha oportunidade para estes días, ler un rato e experimentar con receitas que sempre saen ben.
Imos probar con esta  que figura no libro e que xa saboreamos nalgún momento  Madalenas caseiras para lamber os fociños…

Ingredientes para 4 persoas:
·         2 ovos
·         125 gr de azucre (6 culleradas sopeiras)
·         60 ml de leite (10 culleradas sopeiras)
·         190 ml aceite de oliva suave (20 culleradas sopeiras)
·         210 gr de fariña de trigo
·         7 gr de fermento químico (1 sobre)
·         Raspadura de limón
·         1 chisco de sal
Utensilios:
·         Un batedor mecánico
·         Un batedor manual
·         Unha cunca
·         Moldes en forma de sobreiriños brancos.
Mans á obra:
Collemos a cunca e batemos os ovos co batedor mecánico xunto co azucre a un ritmo medio(nin moi rápido nin moi amodo). Baixamos a velocidade para non emporcallalo todo (e en especial para non emporcallarnos nós mesmos), incorporamos o leite e engadimos o aceite pouco a pouco.

Engadimos os ingredientes secos (fariña, fermento, sal e raspadura de limón) batendo o tempo xusto para que a masa quede homoxénea (homoxénea significa que sexa una masa toda igual, con ingredientes ben mesturados e teña unha apetitosa cor amarela suave, coma a que ten o recheo da torta de galletas da avoa ou as follas dos castiñeiros nos primeiro días de outono).

Tapar a masa cun pano e deixar repousar na neveira toda a noite. Pasado o tempo de repouso, poñemos o forno a 250º  Bater a masa co batedor manual (é un xeito de dicirlle á masa; eh, que xa estás lista e dentro de nada vaste transformar en madalena!!!) e repartir nos moldes con forma de sombreiriños brancos. Ollo! Non os enchas de todo (como máximo tres cuartas partes de cada molde), xa que a masa aumentará de tamaño coa calor do forno e pode rebordar dos sombreiriños. 

Decorar con azucre ou cchocolate. Baixar a temperatura do forno a 210º e meter as madalenas 15 min. Deixamos arrefriar e …listas para papar!



Faltan os moldes pero xa os vedes na foto seguinte!

Neste momento suplicamos que medren...!
Engadimos chocolate

Estamos desexando saborealas...


Preparadas por Gael Búa

luns, 2 de marzo de 2020

ENTROIDO NO ML

TEMÁTICA: O CINE E A TELEVISIÓN

Diferentes personaxes do cine foron presentados polo grupo de 4ºESO
O grupo de profesores recordaban a película Piratas do Caribe

Empeza a función dos gañadores!
Cazando fantasmas!
Grazas aos membros da ANPA por axudarnos coa decoración e polo convite a chocolate quente.
E grazas tamén ás "Señoras do Saber" que nos prepararon filloas.


"Ambos errantes polo mundo andamos"

                                                 ROSALÍA DE CASTRO 

 
No noso instituto celebramos o Día de Rosalía recitando e interpretando dous poemas:

  • Castellanos de Castilla e
  • Adios ríos, adios fontes




 Alumnado de segundo, terceiro e cuarto actuaron na biblioteca durante o recreo..
 Rosalía de Castro presentounos mediante estes versos do libro Cantares Gallegos o tema da emigración.
 Rosalia de Castro naceu  en 1837 e morreu en 1885.
 O libro Cantares galegos constitúe un dos monumentos máis destacados de toda a historia da literatura galega.





luns, 1 de xullo de 2019

GRADUACIÓN 2019

Despedida emotiva ao alumnado de 4ºESO

O Baúl de Moliére fixo acto de presencia para despedir este curso 2018-19

Feliz verán a todos os membros deste grupo de teatro ML!

mércores, 12 de xuño de 2019

Recomendacións literarias

Este curso estivemos en diferentes momentos vivindo entre libros: guías para agasallos en Nadal, día de Rosalía, a semana dos libros, a Feira dos Libros Usados...
Queremos compartir mediante este vídeo libros que resultaron entrañables dende o punto de vista de toda a Comunidade Educativa do centro.


luns, 3 de xuño de 2019

VENRES DE TEATRO


Chegou o día da primeira representación de "O baúl de Moliére".
O resultado foi xenial.
O público e o alumnado disfrutou moitísimo da obra.
A verdade é que era de esperar despois de cinco meses de ensaios.
Parabéns a todas as persoas que o fixeron posible!

Pasámolo moi ben!!! O público ría moito porque algúns personaxes son moi divertidos.
Nós estabamos nerviosos e aínda así, nos saíu  moi ben.
A obra transcurre nun instituto. Unha profesora chama a unha antiga alumna do centro para pedirlle que prepare unha obra teatral. Axudada por unha compañeira, inténtano.
Nere Fernández (Bernalda)

mércores, 15 de maio de 2019

A EMOCIÓN DAS LETRAS GALEGAS


Este ano a celebración das Letras Galegas achéganos á figura de Antonio Fraguas. 
Este mestre fixo de Galicia o obxecto de toda unha vida de estudo. 



Seguindo as pegadas de Antonio Fraguas o alumnado de 3ºESO elabora un mural.





ALGUNHAS LENDAS RECOLLIDAS:

A Moura da Lagoa de Castiñeiras
Conta a Lenda de que, hai moito tempo, un mozo foi buscar auga á lagoa de Castiñeiras.Mentres recollía a auga, viu unha moura de pé na lagoa. A moura díxolle ao mozo que, se ao día seguinte volvía, ela outorgaríalle grandes riquezas. E así o fixo o mozo. Esperou moito tempo, pero a moura non aparecía. Pero entón, unha arca con ouro e xoias emerxeu do fondo da lagoa. O mozo meteuse correndo na auga para collela, pero pequenas serpes acuáticas devorárono e os seus ósos convertéronse en ouro.  A moura meteuno baúl desapareceron ela máis o tesouro. Non se sabe se foi realidade, pero, se ides á lagoa pola noite, podedes ver unha pequen luz que emerxe do fondo dela...

A lenda da serpe do monte
Trata dunha serpe que está no monte de San Tomé de Piñeiro. É  moi grande e moi  vella. Sae de cando en vez cunha flor na boca e se alguén lla quita consegue o tesouro que ten na súa cova! 

A SEREA DE MOGOR
Nunha cova da praia de Mogor, vivía unha serea que só se podía ver os días de sol, entre o luscofusco. Era entón cando a serea, que era moi fermosa, subía enriba dun penedo que hai  no mar preto da praia, e quedaba alí ata que  escurecía. Despois volvía á súa cova



O Ateneo Santa Cecilia premia a Ana Belén Castro e a Irene Salomón no concurso de relato curto celebrado por mor das Letras Galegas


Na biblioteca o alumnado da materia de Teatro representou "O espantallo que non quería ser espantallo".



venres, 10 de maio de 2019

Carreira de Orientación dos equipos TEI na finca de Briz

Atopar balizas era xenial
(Natalia)

Tivemos que atopar 13 balizas.
(Natalia)

Equipos TEI colaborando.
Fenomenal.
(Natalia)

Con esta actividade fixémonos mellores compañeiros.
(Andrea)

Ter que falar cos compañeiros de equipo para acordar por onde ir, pareceume unha experiencia moi boa.
(Alba)

Pasámolo moi ben. Buscar no mapa foi moi divertido.
E ver aos demais correndo polo parque, tamén.
(Alba)

Participaría en máis actividades así...
(Andrea)
Alba Lores (1ºA)
Andrea Abal (1ºB)
Natalia Rodríguez (1ºA)

xoves, 28 de marzo de 2019

MARÍA VINYALS: Un talento rebelde

Conversa coa autora e a ilustradora do libro


Vídeo de Luz Beloso, a ilustradora do libro, con ilustracións da obra de María Vinyals.

MARÍA VINYALS. Un talento rebelde from Luz Beloso on Vimeo.

Para saber máis:
  • Información en wikipedia sobre María Vinyals:

https://es.m.wikipedia.org/wiki/María_Vinyals

mércores, 27 de marzo de 2019

ENTROIDOS EN GALICIA

Curiosea sobre as diferentes imaxes co rato... Atoparás curiosa información.
Autores:
Julio, Yuriy, Raúl, Aarón e Nerea


martes, 12 de marzo de 2019

ENTROIDO 2019 "GRUPOS MUSICAIS"

BOAMENTE  MALOS

Este ano, os alumnos e alumnas de 3ª ESO gañamos o premio do mellor disfraz de grupo.
 Recreamos unha batalla de baile entre dous estilos e idades diferentes. O primeiro grupo bailaba a canción "lets twist again", unha canción dos anos 60/70 interpretando unha coreografía do icónico baile desta época, o twist.
Entre ambas actuacións sonaba a canción "Malamente"  e Alfredo disfrazado de señora maior animaba ao público molestándonos a nós.
Deseguido outro grupos interpretaron unha coreografía moderna coa canción LIMBO.
Para finalizar esta montaxe festexamos con globos e confeti ao son de "Carnaval, carnaval". 

Alumnado 3ºESO

Neste momento acaban de entregarnos o diploma
Tamén entregaron o premio ao mellor disfraz individual e ao mellor postre (que foron para tres familias)
Iago 4º ESO


Salma 3ºESO, Ayoub1ºB e Fran 1ºC

Descubride máis do noso entroido movendo o rato sobre as palabras

venres, 8 de marzo de 2019

DÍA DE ROSALÍA



O forno está sin pan, o lar sin leña,
non canta o grilo alí












e se non é coa pena que o consome,
o probe soio está co seu sofrir.

Sin qué comer e sin abrigo tembra,
porque os ventos sutils


húmedos inda, silban entre as pedras
i as portas fan xemir.

Os alumnos da clase de Investigación non bilingüe preparamos un pequeno mural conmemorando o día de Rosalía que logo colocamos nunha cortiza preto da biblioteca. O mural fixémolo con láminas compostas por poemas de Rosalía ilustradas con cadros de Manuel Torres, un pintor marinense. Participamos toda a clase.
A actividade foi moi divertida. 
(Miguel, Carlos, Claudia e Carmen1ºA).